lunes, 22 de junio de 2009

Xogos e xoguetes: "Vexo, vexo"

Trátase dun xogo de interior, principalmente do ámbito urbán, no que participan un ou máis rapaces e un adulto. É un xogo que potencia a capacidade de observación, de memoria e de discriminación. Pódese considerar como un exercicio de estimulación cognitiva.
Soe comezar o adulto:
- Vexo, vexo...
E contesta o neno:
-¿Que ves?
- Unha cousa.
-¿É de que cor é?
- É verde.
E o neno busca inmediatamente cunha ollada tódolos obxectos de cor verde que se atopan nop recinto e segue preguntando:
- ¿É de cartón?
- Non.
- ¿É redonda?´
- Si.
- ¿Está colgada na parede?, ¿é de tea?, etc., etc., ata que acerta e entón é el o que di "Vexo, vexo..."

No hay comentarios:

Publicar un comentario