lunes, 15 de junio de 2009

Xogos e xoguetes: carreiras de sacos

Practicábanse principalmente con motivo das festas patronais, rapaces de tódalas idades, pero, sobre todo, mociños, pois require habilidade. Case sempre tiñan lugar no campo da festa e os gañadores soían recibir algún premio aportado por algún establecemento comercial da zoa.
Os participantes metíanse nun saco que ataban á cintura cunha corda ou agarraban simplemente coas mans, e a saltos pois doutro xeito non é posible, trataban de chegar á meta, alentados polos amigos e familiares adultos.
As frecuentes caídas facían o divertimento dos viciños que se xuntaban para velos. Aínda hoxe as carreiras de sacos forman parte dos programa de festas nalgunha parroquias ou concellos.

Carreiras de sacos por parellas:
Dous rapaces ou dous mozos de, aproximadamente, a mesma estatura metían un o pé dereito e o outro pé esquerdo no saco, atándoo á altura do muslo e pasándose os brazos po detrais saltaban ó compás. Organizábanse durante as festas patronais.
(Informantes: concello de Brión)

No hay comentarios:

Publicar un comentario