Pares ou nones
Era unha sorte practicada principalmente polos rapaces, previamente ós xogos por equipos e coa finalidade de constituír os mesmos, cando querían pasar a xogar rapidamente.
Os dous rapaces que encabezaban os equipos collen tres pedriñas, anacos de tella ou carolos dos carballos. Poñen as mans na espalda e sacan o puño dereito no que terán unha, dúas, tres ou ningunha pedriña, un dí pares e o outro nones e abren inmediatamente os puños; se as pedras suman cero, dous, catro ou seis gañará o que dixo pares e se non gañará o que dixo nones. Ó que gaña correspóndelle a primeira quenlla para escoller ós compañeiros de xogo.
Esta sorte ten certa similitude con outro xogo chamado chinchimoni, que aínda se practica ás veces nos bares de Compostela para determiñar quen para as consumicións e que describiremos polo miúdo noutra entrada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario