Existen dúas modalidades en finción do xogo que se vai practicar:
- Se se trata dun xogo por equipos, un rapaz calquera colle dous anacos de cana ou dous pauciños de diferente lonxitude e agarrábaos no puño de xeito que a parte visível quedara igualada; os cabecillas dos dous equipos collían unha palla ou un garabullo cada un. O que collía o máis longo escollía primeiro.
- Se se trata dun xogo individual, cóllense nas mans tantas pallas ou garabullos coma o número de xogadores, incluído o que fai a sorte. Panda o que colle a máis curta. O que dirixe a sorte tamén pode pandar se lle queda na man a palla máis curta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario