O papel integrador dos xogos:
Ademais da función pedagóxica, os xogos e as actividades lúdicas en xeral teñen unha función integradora e de interculturaliedade, principalmente aqueles que se desenvolven no interior das vivendas.
No ámbito rural predominan os aspectos integradores, xa que os xogos procuran a participación de tódolos membros da familia con independencia da idade e o status no seo familiar, mentres que no ámbito urbán a tendencia é á segregación por idades, encargando a un adulto ou a unha nena das máis vellas o coidado e entretenemento dos máis pequenos.
Nas familias máis acomodadas, ás veces buscaban persoas para ocuparse dos nenos, principalmente mociñas que realizaban esta tarefa por un precio módico e que perteñecían a familias máis humildes e con outros costumes que, sobre todo no tocantes á tradición oral (adiviñas, trabalinguas, refráns, ditos, expresións da fala popular, cantigas, coplas, etc.) transmitían ós rapaces por medio dos xogos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario