lunes, 8 de junio de 2009

Xogos e xoguetes: a queda

A pilllar: a queda
Xogo moi sinxelo que se practica ó aire libre e non require ningún tipo de material. Xogan nenos e nenas de tódalas idades.
Fan unha sorte e determiñan quen vai pandar. Forman unha roda ó redor del e, á de tres, corren todos en calquera dirección e o que panda (queda) debe pillar a algun compañeiro agarrándoo poloa roupa ou, simplemente, dándolle unha palmada no lombo e dicíndolle "quedas"; inmediatamete este esmpeza a correr detrás dun compañeiro para facelo mesmo.
Cando un se sinte perseguido non corre só para alonxarse do seu perseguidor, senón cara onde están outros compañeiros para ver se se decide ir a por outro.
De feito, antes de comezar a xogar, estalécense os límites do espazo de xogo (campo), axudándose de referencias coma árbores, camiños, pedras, etc. que haxa ó redor, dicnda ata onde vale e ata onde non vale. Se algún sae do campo de xogo mentres corre perde e debe ser el o que pande.
A este xogo tamén lle chaman "a queda corrida" (curioso xogo de palabras).

Noutra variante deste mesmo xogo, cando un xogad pilla a outro, este debe poñer a man na parte do corpo na que lle tocaron e correr así ata que colle a outro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario