lunes, 8 de junio de 2009

O mundo infantil: o coleccionismo

Algo innato nos rapaces e nos non rapaces é xuntar obxectos que, ás veces, un por un non teñen apenas valor, pero adquíreno cando son moitas e canto máis raras ou escasas millor. Este valor ás ceces é puramente sentimental. Os rapaces coleccionaban de todo:


  • bólas para xogar e trocar, boliches das gaseosas;

  • chapas, o mesmo;

  • cromos;

  • estampas e recordatorios;

  • moedas, selos e billetes;

  • retratos das caixas dos mistos;

  • cunchas e caracolas do mar;

  • pedras de feituras e cores curiosas e minerais;

  • bolboretas, escarabellos e outros insectos;

  • postais e tarxetas;

  • prospectos e carteis de cine;

  • coches de lata;

  • follas de prantas e pétalos de flores;

  • flores feitas coa pelusa das prendas de punto prensada, feitas polas propias nenas;

  • papeis de plata dos caramelos;

  • vales da catequese;

  • soldadiños de chumbo;

  • lapis;

  • botóns;

  • mariquitas;

  • follas de árbores e prantas, pétalos de frores que colocaban coidadosamente entre as páxinas dos libros e cadernos escolares;

  • recortes de periódicos relacionados con sucesos curiosos ou locais;

  • figuriñas de plástico de indios e vaqueiros que viñan nas caixas do deterxente;

Para gardar todos estes tesouros eran moi cobizadas as latas grandes de Colacao, pero tamén caixas de cartón que se forraban ás veces con papeis ou con teas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario