viernes, 12 de junio de 2009

Xogos e xoguetes: a agachadela

Tamén chamada escondite ou orí polos castelán falantes.
Non precisa ningún tipo de material; pode xogarse tanto no interior das casas, coma ó aire libre, nenos e nenas de diferentes idades.
Faise unha sorte e o neno que panda colócase casa a unha parede, unha pedra ou unha árbore, que será "a madre", contando en voz alta unha, dúas, tres, etc., ata un número previamente establecido. Mentras conta o que panda, os demáis agóchanse por onde poden.
Cando remata de contar, vai en busca deles e se descubre a algún, volve correndo á madre e di "por (nome)" (a este feito chámaselle picar, pero se o descoberto corre máis e chega antes á madre, di "por min" (dise picarse) e sálvase.
Se se salvan todos, o neno ten que volver pandar, pero, se picou a algún, panda nuns casos o primeiro o noutros o último en ser descoberto.
Algúns grupos de rapaces delimitaban o campo de xogo, é dicir ata que distancia podían ir agocharse, outros non.

No hay comentarios:

Publicar un comentario