lunes, 15 de junio de 2009

Xogos e xoguetes: a queda con casas

É unha mistura da "queda corrida" e "¿nesta casa hai fume?" (xogos descritos en entradas anteriores).
Establécense sitios nos que un non pode ser illado: árbores, pedras, recunchos... Abonda con arrimarse a unha árbore, por exemplo, e dicir "casa" e o perseguidor ten que buscar outro compañeiro ó que tratar de pillar.
No xogo de "¿nesta casa hai fume?" hai tantas casas como participantes menos un; na queda con casas o número de casas en proporción co número de participantes é moito máis reducido, o que fai o xogo máis dinámico.

No hay comentarios:

Publicar un comentario