Era un xogo que se practicaba na escola ou na casa cando facía mal tempo e para o que se precisa lapis e papel. Participan habitualmente dous xogadores, aínda que poderían ser máis. Trátase de adiviñar unha palabra sabendo por que letra comeza, por que letra remata e cantas letras ten. Ás veces tamén se dá unha pista sobre o seu siñificado dicindo, por exemplo, é un oficio, unha prenda de vestir, etc.
No papel póñense as letras inicial e final e unha raia por cada letra intermedia:
C _ _ _ _ _ _ _ _ O
Existen dúas modalidades:
No papel póñense as letras inicial e final e unha raia por cada letra intermedia:
C _ _ _ _ _ _ _ _ O
Existen dúas modalidades:
- Fanse dúas liñas idénticas, na superior vanse poñendo as letras que diga o xogador e que correspondan coas da palabra buscada no sitio e que lle corresponde; se as letras non son as correstas colócanse na liña inferior; se se completa a liña de abaixo antes de acertar coa palabra, o neno ou a nena perde e terá que probar con outra palabra; as oportunidades están en función do número de letras da palabra buscada.
- Igual que o anterior, pero só se fai unha liña e cando a letra non é a correcta vaise debuxando o aforcado (de aí o nome do xogo); as oportunidades dependen do número de trazos que teña o boneco;
Trátase dun xogo que se mantén co paso do tempo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario