lunes, 15 de junio de 2009

Cantigas:

Bartolo tiña unha frauta
Unha cantiga sinxela para os nenos máis pequenos que se convertía nun xogo divertido cando había que permañecer na casa por mor da choiva ou da excesiva calor.
Cantaban:
Bartolo tiña unha frauta
cun buratiño só
e a todos lles daba a lata
coa súa frauta o bo Bartolo.

Logo o mesmo empregando só a vogal A:
Bartala taña anha frata...
Coa E:
Bertele teñe enhe frete...
Coa I:
Birtili tiñi inhi friti...
Coa O:
Bortolo toño onho froto...
Coa U:
Burtulu tuñu unhu frutu...
E logo cada vez más apresa:
Bartolo tiña unha frauta...

Os informantes de máis idade recordan outra melodía coa que se facía o mesmo:
Cuando Fernando VII usaba paletó
Canda Farnanda Sáptama asaba palatá
Quende Fernende Sépteme esebe peleté
Quindi Firnindi Síptimi isibi pilití
Condo Fornondo Sóptomo osobo polotó
Cundu Furnundu Súptumu usubu pulutú

No hay comentarios:

Publicar un comentario