jueves, 25 de julio de 2013

Solidariedade

En solidariedade coas víctimas do accidente ferroviario en Santiago de Compostela

sábado, 9 de julio de 2011

Ficha de traballo (2)

OS XOGUETES:
  1. ¿Cales son os primeiros xoguetes que lembran? Describir.
  2. ¿Eran mercados ou feitos na casa? ¿Quen os facía?
  3. ¿Cal era o seu xoguete preferido?
  4. Xoguetes individuais e xoguetes compartidos.
  5. Xoguetes para nenos e xoguetes para nenas.
  6. ¿Que materiais predominaban: madeira, teas, fíos, barro, cartón, papel...?
  7. ¿Xogaban con obxectos que en realidade non eran xoguetes: botóns, carretes de fío...?

martes, 12 de octubre de 2010

Os Diarios de Mariana Canabal

"Xogabamos á agachadela; "a madre" era o dintel esquerdo da porta da eira, sen un non se picaba nese lugar preciso, non valía.
"Agochabámonos detrás do pozo ou do balo que rodeaba a eira, no cuberto, entre o millo das leiras viciñas ou a carón da xesteira que estaba na parte de atrás da casa...
"Se lle tocaba pandar ó meu primo, que era o máis novo dos cinco e só vivía na aldea ocasionalmente, iamos ata a carballeira ou, pola corredoira, ata o monte, onde sabiamos que non nos buscaría porque tiña medo; cando se distraía con calquera cousa, apareciamos de súpeto e salvabámonos; así tiña que seguir pandando unha e outra vez.
"Cando pandaba dúas ou tres veces seguidas, anoxábase e remataba chorando; entón colliámo-la pelota e iamos xogar ó campo de fútbol, un claro de herba un pouco encostado no medio dun monte comunal que non quedaba lonxe da casa e que, os fins de semán, os mozos marcaban con serrín que traían da fábrica de madeiras para xogaren eles os domingos pola tarde. Nós xogabamos so nunha portería porque o campo, de dimensións regulamentarias, era excesivamente grande para uns catvos de entre catro e oito anos.
"Ó pouco e despois de tanto correr de aquí para alí, entrábanos a fame e marchabamos á casa para coller a merenda que, daquela, consistía na meirande parte das ocasións, nun anaco de pan unha onza de chiculate negro e unha mazá...

domingo, 10 de octubre de 2010

Ficha de traballo (1)

A FALA POPULAR
Comenta os seguintes refráns, ditos e expresións da fala popular galega:
  • Pintan bastos;
  • Ir a Noia; ir ó Ceboleiro;
  • A primeira é dos rapaces;
  • A sorte do principiante;
  • Marcarse un farol;
  • Estar a cegas;
  • Ser unha sota;
  • Cantarlle as corenta a alguén;
  • Cantar;
  • Carta na mesa, presa;
  • Carta na mesa, pesa;

miércoles, 8 de septiembre de 2010

domingo, 5 de septiembre de 2010

Participación no "Café da Memoria"


Organizado polo Museo do Pobo Galego

viernes, 3 de septiembre de 2010