lunes, 22 de junio de 2009

Coleccionismo

Indios e vaqueiros
Despois dos seus primeiros pasos o cine convirteuse nunha arte moi popular. Os nenos das cidades e vilas nas que existían salas de exhibición, ás veces simplemente galpóns "acondicionados" a tal efecto, ían ó cine os domingos e días de festa, ás funcións infantís que soían celebrarse a primeira hora da tarde. As películas, copias que xa pasaran por moitas capitais importantes estaban cortadas, empatadas..., pero iso carecía de importancia para un público ávido de emocións. Un dos xéneros preferidos dos rapaces era o western.
Por iso, cando a unha popular marca de deterxente en polvo se lle ocurríu introducir nas súas caixas unhas figuriñas duns 10 cm de altura, aproximadamente, de plástico, de indios, vaqueiros, cabalos, soldados de cabalería e outros personaxes habituais nas películas do oeste, os rapaces comezaron a cobizalas como obxectos de colección e a intercambialas uns cos outros. Sustituíron así nas clases máis humildes ós soldadiños de chumbo, reservados só para algúns petos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario