lunes, 22 de junio de 2009

Xogos con pelota


"A pillala"
Era un xogo propio das nenas que se xogaba con calquera tipo de pelota.
Márcase o campo facendo dúas raias paralelas de aproximadamente 4 ou 5 metros de longo, separadas uns 7, 8 ou máis metros, en función do espazo dispoñible e da idade e habilidade das nenas.
Participan 3 ou 4, se son máis prefiren outras modalidades de xogo (a pés quietos, o brilé, etc.). Fan unha sorte para ver quen panda, é dicir quen se sitúa entre as dúas raias para tratar de coller (pillar) a pelota.
A cada lado das raiaas, pola banda exterior, colócase unha nena que lle lanzará a pelota á outra intentando que a ou as que están no medio nona collan.
As nenas poden moverse libremente polos espazos que lles corresponden a cada unha. A pelota pódena lanzar de calquera xeito, polo alto, facendo unha parábola, de modo que a que está no medio debe choutar e levanta-los brazos para tratar de pilla-la pelota ou muda-la súa traxectoria para conseguir que caia entre as dúas raias e collela. Tamén a poden lanzar horizontalmente con forza ou case ó raso. O elemento sorpresa é moi importante neste xogo que require destreza e resistencia física e tamén algo de sicoloxía.

No hay comentarios:

Publicar un comentario