domingo, 29 de marzo de 2009

Xogos e xoguetes...

Os xogos de prendas:
Reciben este nome aqueles xogos nos que o que perde debe "pagar prenda", é dicir, despenderse de algo da súa propiedade (algún xoguete que leva no peto, o sombreiro, a pucha, o pano da man...) que recuperará ó remata-lo xogo se consegue superar con éxito a proba que lle poña o rapaz ou a rapaza que "mande", que soe ser o máis vello ou a máis vella.

Antón Pirulero:
É sen dúbida o xogo de prendas máis popular.
Os participantes, as nenas de calquer idade e máis os nenos máis pequenos, séntanse nunha roda e van cantando
Antón, Antón Pirulero,
cada cual, cada cual
que atienda a su juego
y el que no lo atienda,
y el que no lo atienda
pagará una prenda,
pagará una prenda.
Antón, Antón Pirulero...
cada vez máis apresa mentres teñen que ir imitando as accións do ou da que manda (coser, fregar, peitearse, rascarse unha orella...).
Cando alguén se retrasa, perde e debe pagar prenda.



As diferencias de xénero

Na práctica dos xogos tradicionais había profundas diferencias de xénero desde a infancia. Estas diferencias referíanse tanto ós xoguetes que os nenos e nenas se procuraban eles mesmos, coma ós que lles facilitaban os adultos, coma ós espazos de xogo e ós xogos en si e estaban condicionadas por diversas circunstancias:
  • A idade, as diferencias aumentaban coa idade, de xeito que ó chegar á adolescencia existía case unha absoluta separación por xéneros;
  • O parentesco, nenos e nenas podían xogar xuntos se existía entre eles un parentesco próximo e separado se non existía consanguinidade;
  • Os materiais precisos para o xogo, pois rapaces e rapazas non dispoñían dos mesmos xoguetes;
  • O número de nenos que se xuntara, se eran poucos xogaban xuntos e se eran moitos separábanse por xénero;
  • As características de cada xogo, xa que as nenas estaban limitadas no tocantes á libertade de movementos polo xeito de vestir;
Na idade adulta e incluso na vellez tamén existían diferencias entre os xéneros, tanto nos xogos que uns e outros practicaban, coma nos espazos nos que uns e outros podían desenvolver unha actividade lúdica (exclusivamente no interior do fogar ou fóra del).
As diferencias neste caso estaban condicionadas por circunstancias tales como:
  • O status no seo familiar de cada persoa;
  • O parentesco;
  • A participación no xogo de persoas álleas ó núcleo familiar.

viernes, 27 de marzo de 2009

Xogos e xoguetes...


O Tirachinas:
Faise cunha galla duha pola de árbore en forma de Y e unha tira de goma das llantas das bicicletas. Era un xogo case exclusivamente dos nenos xa un pouco grandes, que se divertían tirando pequenas pedras ou anacos de tella ós paxaros. Ás veces tamén practicaban a súa puntería tirando contra latas vellas ou botellas inservibles.
Tamén recibía o nome de "tiraareas".




O Tiratacos:
Consistía nun cano que se facía cun pau de sabugueiro ó que se lle quitaba a médula para que quedara foco, e un émbolo para empurrar as bóliñas de loureiro que se introducían no cano.



As cerbatanas:
Son similares ós tiratacos, pero non precisan émbolo, xa que as bóliñas lánzanse soprando.

Os Arrolos...

Duérmete mi niña,
duérmete, mi Sol,
duérmete, mi niña,
que viene el cocón
y lleva a las niñas
que no duermen non (sic).
(Concello de A Golada)

Este niño pequeño

no tiene cuna;
su padrino es carpintero
y le hará una.
(Concello de Santiago de Compostela)

Duérmete, mi niño,
duérmete, mi Sol,
duérmete pedazo
de mi corazón.
(Concellos de Noia e Santiago de Compostela)

Algunhas cantigas de berce recollen a vida cotiá da familia galega aportando en moitos casos unha interesante información sobre a división dos labores segundo o xénero.
Durme, durme, meu meniño,
durme e non deixes de durmir,
túa nai vai na leña
e teu pai logo ha de vir.
(Concellos de A Golada e O Pino)
Tamén podían dicir
túa nai vai na verdura, no muíño, paña-la herba, etc., sendo neste caso unha avoa, unha tía ou unha veciña a encargada de coidar do neno ou da nena.

Outro exemplo:
Esta nena pequerrecha
heina de aprender a todo,
a cocer e a amasar
e a meter o pan no forno.
(Concellos de Santiago de Compostela e Vedra)

Este neno pequeniño,
pequeniño coma un rato,
heino de levar á escola
e metelo nun zapato.
(Concello de Santiago de Compostela)

Este outro moi similar:
Este meniño pequeno,
pequeno coma un rato,
heino de levar ó muíño
e metelo nun burato.
(Concello de Vedra)

Duérmete, mi niño,
que tengo quehacer,
lavar los pañales,
planchar y coser.
(Concello de Vigo)


miércoles, 25 de marzo de 2009

Xogos e xoguetes...


As binchas:
Inflábanse as vexigas dos porcos e poñíanse a afumar penduradas debaixo da cambota da cheminea, despois os rapaces xogaban con elas coma se foran pelotas. Tamén as empregaban as máscaras que saían no Entroido.

Vocabulario

Cucar un ovo:
Facerlle un buratiño para vacialo. As cáscaras empregábanse despois para xogar á Pita Cega ou para facer bonecos.
A orixe da expresión procede do comportamento do cuco, xa que a súa femia pon os ovos, unha ducia aproximadamente, nos niños doutros paxaros, un en cada niño.
Para que o número de ovos do niño non varíe ha de "cucar" de cada vez un ovo doutro paxaro.

martes, 24 de marzo de 2009

Os Arrolos...

Esta linda niña que nació de día
quiere que la lleven a la romería;
esta linda niña que duerme de noche
quiere que la lleven a pasear en coche.
(Concellos de Teo e A Golada)

Este meu neno meniño
ten ganas de durmir;
ten un olliño pechado,
o outro non o pode abrir.
(Concellos de Vedra e Santiago de Compostela)

Ea, ea, ea, mi niña duerme
con un ojo abierto
como las liebres, ea, ea, ea.
(Concello de Silleda)

As Sortes...

Pin pineja,
la madre de la coneja;
coneja de la uva,
pide "pa" la cuba,
cuba e barro:
pide "pal" caballo,
caballlo mordisco;
pide "pal" Obispo;
Obispo de Roma,
tapa la corona,
que no te la vea
la gata rabona.

lunes, 23 de marzo de 2009

Os Arrolos


Son cantigas que as nais e as avoas, con moita menos frecuencia pais ou avós, interpretan para adormecer ó neno ou tratar de calmalo se chora.
Abondan aqueles arrolos nos que a melodía imita o balanceo do berce, os que fan referencia ó feito mesmo de dormir e ó agarimo da nai, pero tamén atopamos outras que aluden ás circunstancias da nai e as condicións da vida rural.

O mesmo que acontece coas sortes, as adiviñas ou os trabalinguas, a condición de galegofalantes no impide que moitas destas cantigas empreguen a lingua castelá e ó revés.

Este meniño que teño no colo
é dun amor que lle chaman Manolo;
este meniño que teño nos brazos
é dun amor que lle chaman Ignacio;
cala, meniño, cala, meniño,
que teño as papas no cacharoliño.
(Concello de Santiago de Compostela)

Tintirintín tirintín tirintaina,
o que non come non ten barrigaina;
tintirintín tirintín tirintiña,
o que non come non ten barriguiña;
tintirintín tirintín tirintola,
o que non come non ten barrigola.
(Concello de Vigo)

Ea, ea, ea, que se casa la batea
con un chico de la aldea, ea, ea, ea.
(Concello de Santiago de Compostela)

A la nanita nana, nanita ea,
mi niña está dormida,
bendita sea, ea, ea, ea.
Concellos de Santiago de Compostela e Noia)

Duérmete, mi niño,
que viene la mora,
preguntando de puerta en puerta
cuál es el niño que llora.
(Concello de A Estrada)

Esta niña linda
no quiere dormir,
el pícaro sueño
no quiere venir.
(Concello de Teo)

domingo, 22 de marzo de 2009

Xogos e xoguetes...


Os papaventos

Moitos dos xoguetes facíanse na casa, algúns coa participación dos propios nenos e a axuda dun adulto, case sempre un avó ou un tío solteirón, pois os pais estaban demasiado ocupados e preocupados polas obrigas cotiás.
A construcción dos xoguetes era xa un divertimento en por si. Tal era o caso dos papaventos.

Para facer un papaventos precisábase unha cana, a poder ser das que caían dos foguetes que botaban polas festas; papel, se podían empregaban papel de seda de cor e se non, mesmo papel de periódico ou de envolver; para encolar abondaba cunha pataca cocida e o cordel sacábase dos canelos dos foguetes, que estaba untado con pez para protexe-la pólvora da humidade e deslizábase millor entre os dedos. O cordel enrollábase nun taco de madeira.


Os papaventos podían ser hexagonais ou romboidais, coa cana facíase a estructura, logo cubríase co papel, poñíanselle os tirantes e o cordel e logo engadíaselle a cola. Botábase en campo aberto para ter espazo dabondo para correr, pero moitas veces remataba caíndo nunha leira de millo, cando non enredada na póla dunha árbore.

sábado, 21 de marzo de 2009

Xogos e xoguetes...

A pita cega:
É un xogo no que participan nenos e nenas se son pequenos e nenas soas se son máis grandiñas, porque, segundo os nosos informantes "non era un xogo para rapaces". Faise ó aire libre.
A versión máis coñecida coincide co xogo do mesmo nome practicado exclusivamente por adultos, magnificamente plasmado por Goya ou por Weimer, entre outros.
Faise unha sorte e ó neno ou nena ó que lle toca pandar tapánselle os ollos con un pano, mentres os seus compañeiros forman un corro no que introducen ó que panda, danlle unhas cuantas voltas e ten que tratar de pillar e recoñecer a algún dos outros.
Isto non é tan doado porque os rapaces móvense e cambian de sitio ó mesmo tempo que berran "pita, pita" ou "clooc, clooc, clooc" para atraer a atención do que panda coas súas voces e despistalo.
Se cosegue pillar a algún, este será o que pande.

Informantes do Concello de Brión (A Coruña) proporcionáronos outra versión, probablemente máis antiga e que explicaría o nome do xogo:
Os rapaces cucaban un ou máis ovos, é dicir facíanlle un buratiño para vacialos e despois colocábanos no chan ou enriba dunda pedriña. O que pandaba, con un pauciño en cada man, tiña que tratar de atinar e esnaquiza-las cáscaras dos ovos, mentres os outros rapaces berraban coma na versión anterior, tratando sempre de confundilo.
Neste mesmo Concello, máis recentemente, os ovos foron sustituídos por un cacharro de barro que se ataba con un cordel e pendurábase da póla dunha árbore, tratando de atinarlle con un pau.

viernes, 20 de marzo de 2009

As Sortes...

Detrás de una montaña
me encontré con don Pinocho
y me dijo que contara
hasta veintiocho;
yo no le hice caso
y conté hasta ocho,
uno, dos, tres, cuatro,
cinco, seis, siete, ocho.

Cando os rapaces tiñan presa por face-la sorte para escomezar o xogo, simplemente contaban do seguinte xeito:
Un calquera dicía un número, p.e. vintecinco; o que dirixía a sorte sacudía a man dereita se era diestro ou a esquerda se era manecho (zurdo), golpeando o dedo índice sobre o corazón e todos contaban ó mesmo tempo, unha, dúas, tres, catro..., cando alguén lle dicía "para", deixaba de sacudi-la man e seguía contando neno por neno a partires do que estaba situado á sús dereita ata chegar ó vintecinco, que se salvaba.
As sortes de contar sempre comezaban pola dereita do que as dirixía, é dicir, no sentido contrario ó xiro das agullas do reloxo, ainda que o rapaz ou a rapaza foran manechos. Outro tanto acontecía cos xogos da roda, da corda, de cartas, etc., de xeito que os zurdos sempre debían segui-la pauta marcada polos diestros.

Xogos e xoguetes


As Buxainas
Trátase dun pequeno xoguete de madeira, preferiblemente de buxo, de aí o nome, en forma de corazón e rematado cunha punta de aceiro.
O obxectivo do xogo era facer baila-la buxaina coa axuda dun cordel que se lle enrolla coidadosamente, pero tamén tratar de fende-la buxaina doutro compañeiro lanzando con habilidade a propia sobre a del.
Era un xogo primordialmente dos rapaces, ainda que algunhas rapazas sabían tamén bailala.
Xogábase ó aire libre, sobre un terreo chan e apelmazado, no inverno, desde San Martiño (11 de novembro) ata San Amaro (15 de xaneiro) ou ata a Pascua, tal como reflexa o noso refraneiro:
  • Polo San Martiño, buxainas ó camiño;
  • Polo San Amaro, buxainas ó tellado;
  • Polo San Amaro bota os trompos ó tellado;
  • Pola Pascua, trompos á ascua;
A buxaina recibía tamén os nomes de:
  • trompo
  • peón
  • peona
  • peonza
  • bailarina
  • bailaroca
  • bailarete
  • sevillana
Unha variante da buxaina é a pirindola ou pirinola, que se baila directamente coa man, sen necesidade de cordel; esta era preferida polas nenas.

jueves, 19 de marzo de 2009

Solución ás "Torres de Hanoi"

O numero mínimo de movementos será 7, o mesmo que no caso do Home, o lobo, a cabra e a col.
¡Curiosa casualidade!

Debemos comezar levando a peza superior, a máis pequena á posición 3.

Este xogo permite engadir máis caixiñas ou tacos, incrementándose así a dificultade. Con catro obxectos debemos levar o máis pequeno á posición 2 e deberemos face-lo mesmo sempre que teñamos un número par de obxectos.
O número mínimo de movementos en cada caso será o seguinte:
3 0bxectos - 7 movementos
4 obxectos - 15 movementos
5 obxectos - 31 movementos
6 obxectos - 63 movementos
etc. sempre o doble máis un que no caso anterior.

Os xogos tradicionais

Nas sociedades tradicionais os xogos teñen, ademais da función de divertimento ou pasatempo, algunhas outras de desenvolvemento, tanto persoal coma grupal e de convivencia e socialización, tan recomendables para os nenos coma para os adultos, pois constitúen un complemento imprescindible da formación tanto escolar coma profesional.
Cada unha destas funcións adquire predominio sobre as outras segundo as idades e condicións dos participantes e as necesidades da comunidade na que se practican.
Na cultura galega atopamos xogos que teñen que ver
  • co desenvolmento físico: saltos, carreiras...
  • coa linguaxe: trabalinguas, sortes de contar...
  • co pensamento lóxico ou lateral: acertixos, adiviñas...
  • co sentido musical: arrolos, cantigas...
  • coa destreza e habilidade...
  • coa cooperación: xogos de equipo...
  • coa iniciación á vida adulta...
  • coas relacións entre as distintas xerazóns...
Moitos deles aglutinan varios destes valores no mesmo xogo.

Os Acertixos

Solución ó acertixo do home, o lobo, a cabra e a col:
O home deberá facer 7 viaxes
  1. Leva á cabra ó outro lado;
  2. Volve só;
  3. Leva o lobo;
  4. Volve coa cabra;
  5. Leva a col;
  6. Volve só;
  7. Leva a cabra;
Este tradicional acertixo é a base dun xogo hoxe bastante popular denominado "As torres de Hanoi", do que podemos atopar diversas versións facilmente na rede.

Como é un xogo de axilidade mental para tódalas idades que se pode facer na casa con tres caixiñas calisquera de diferente tamaño, con tacos de madeira ou con outros obxectos de uso cotiá que se poidan apilar, imolo propoñer:

Marcamos sobre unha folla de papel tres espazos e
colocamo-las tres caixas de maior a menor no espazo da esquerda; ¿cantos movementos son precisos para colocalas do mesmo xeito no espazo da dereita, se só se pode mover unha caixa de cada vez e unha caixa máis grande non pode estar nunca sobre unha caixa máis pequena?


As Sortes...

Pin pin jaramacatín,
su madre la coneja
rompió la bandeja,
bandeja real,
pide para sal,
sal menudo,
pide para cubo,
cubo de agua,
esconde la corona
que no te la vea
la cuca Ramona.
(Concello de Vigo)

Os Acertixos

Eran xogos cos que se divertían tanto os maiores coma os nenos e case sempre se reservaban para a noitiña, cando estaba toda a familia xunta ó redor da lareira.
O seguinte é un dos acertixos máis populares e máis extendidos territorialmente que atopamos en culturas e países diferentes.

O home, o lobo, a cabra e a col
Un home atópase á beira dun río acompañado dun lobo, unha cabra (ou unha ovella) e unha col (ou leituga). O home debe trasladar ó outro lado do río ós seus acompañantes; para ilo dispón dunha pequena barca na que só hai cabida para o home e máis un deles.
Sabendo que, se quedan sós, o lobo come á cabra e a cabra come a col, ¿cantas viaxes terá que facer o home para conqueri-lo seu propósito?

As Sortes...

Os nenos e as nenas, principalmente elas, improvisaban ou modificaban parte das sortes, buscando unicamente a rima e o ritmo como recursos mnemotécnicos e así atopamos variantes como as seguintes que chaman a atención pola súa similitude:

Gato, gato, maragato,
dime la verdad, sino te mato
con la punta del zapato,
una, dos, tres, cuatro.
(Concello de Santiago de Compostela)

Una, dos, tres, cuatro,
una vieja mató un gato
con la punta del zapato,
el zapato se rompió
y la vieja se esmendrelló.
(Concello de Teo)

miércoles, 18 de marzo de 2009

Xogos e xoguetes...


Tres en raia.
Tamén coñecido como "As leiriñas".
É un xogo de estratexia e axilidade mental que se xoga por parellas e que perdura ata os nosos días.
Desenvolvemento do xogo: sobre o chan ou, preferiblemente, sobre unha pedra, márcase con un pauciño ou con un anaco de tella, tiza ou carbón a figura da dereita.
Cada xogador dispón de tres pedriñas, botóns, carolos, etc. As pezas de cada un dos xogadores deben diferenciarse facilmente das do outro.
Alternativamente cada xogador vai colocando unha peza nos lugares marcados con un o. O obxectivo é colocar as tres pezas nunha liña horizontal, vertical ou diagonal.
Habitualmente xogábase na eira, á sombra cando facía calor ou os rapaces estaban cansos de xogar outros xogos. Pero tamén se podía xogar na casa, sobre todo cando participaba un adulto, pois o tres en raia atraía o interés de persoas de tódalas idades.
Actualmente hai no mercado trebellos para xogar ó catro en raia e tamén posibilidade de xogar on line.

lunes, 16 de marzo de 2009

As Sortes...

Un gato cayó en un pozo,
las tripas le hicieron guá,
arremotopitipoto, arremotopitipá.

Algúns engadían:
...pipá.

Don Juan de Villanaranja,
lo bien que fuma,
lo bien que canta,
lleva la barriga llena
de vino tinto, de vino azul,
chucurruchú que salgas tú
por las puertas de Mambrú.

Gato, gato, maragato,
dime la verdad si no te mato
con la punta del zapato,
una, dos, tres, cuatro.

Incluso as había un pouco irreverentes.
Por aquí pasó la Virgen,
por aquí ha de pasar,
si esta agua es venenosa
que la vuelva a vomitar.

Santa María pereu por dedo,
certo será, pero eu nono creo.

domingo, 15 de marzo de 2009

Xogos e xoguetes

Os zancos. Era un divertimento común a nenos e nenas de moitas parroquias de Galicia.
Soían comezar a practicar con zancos feitos con dúas latas, ás que se lle facían dous buratos na parte superior para engancharlle un anaco de corda ou de cordel. Metíanse os brazos por entre a corda e... ¡a caminar o máis apresa posible sen caírse!





Os máis sinxelos eran dúas polas similares.


Os máis afortunados podían contar con zancos feitos á medida por un pai ou avó mañosos.

As Sortes...

Tres pitos ten a vella,
¿cantos pitos ven a ter?
Un, dous, tres.

Ou esta similar:
Nun caixón había tres cravos,
dime, neno, cantos son.
Un, dous, tres.

Una, dole, tele, catole, quine, quinete,
estando la reina en su gabinete,
dijo el rey:
-Vamos a misa,
Dio la reina:
-No tengo camisa.
Dijo el rey:
-Tengo yo tres.
Dijo la reina:
-Préstame una.
Dijo el rey:
-No tengo ninguna.

Algúns informantes cambian "reina" por "rana" e "rey" por "sapo".
Tamén ofrece a variante seguinte:

Una dole, tele catole, quile quilete;
estaba la reina en su gabinete,
llegó quil con el candil, candil candilón,
cuéntame veinte que las veinte son.
Una, dos, tres…(ata vinte).

sábado, 14 de marzo de 2009

As Sortes...

Pavís, pavós,
a filla do rei casada con nós,
¿en quen escolledes vós?


A nena ou o neno dicían o nome dun compañeiro e este "salvávase", polo tanto, non tería que pandar.

Orín, orín de pequinitín,
cuando el rey por aquí pasó
siete damas convidó
menos una que quedó
dando palos al mosquero,
el mosquero a llorar,
cinta de plata para mi gata,
cinta de oro para mi moro,
chucurruchú que salgas tú
por las puertas de Mambrú.

Esta sorte tamén podía comezar así:

Pancho, Pancho, cabalo branco,
cuando el rey...


viernes, 13 de marzo de 2009

As Sortes

As sortes son pequenos xogos dos rapaces e rapazas previos ós xogos propiamente ditos, pois o seu obxectivo é distribuír os papeis que cada un desenvolverá no xogo ou conforma-los equipos que competirán entre si.
As sortes divídense en dous grandes grupos:
  • As sortes con material (pedriñas, carolos, botóns, moedas...);
  • As sortes sen material;
A elección dunhas ou doutras vai depender do xogo que se trate, do número de rapaces que van a xogar e do tempo que estes lle queiran adicar á sorte.
Entre as sortes sen material destacan as sortes de contar, tamén chamadas "xogo do botón-botón", pois a sorte máis popular era:
Botón, botón,
de la botera botera,
chirivitón, fuera.
As sortes de contar eran as preferidas polas nenas, mentres que os rapaces preferían as sortes con material ou outras coma a sorte dos pés.
En moitos xogos buscábase a competitividade, é dicir, os grupos ou equipos debían ser equiparables para que o xogo tivera interés, de xeito que os máis diestros ou os maís fortes encabezaban cada un dos equipos.
Taco, taco,
número catro,
un, dous, tres, catro.