Xógase nas casas, nas palleiras ou nos patios. Nalgunhas parroquias tamén se practicaba con ocasión das festas patronais.
Pode participar un número calquera de nenos, nenas, rapaces e, incluso, adultos. Habitualmente é un adulto ou un dos nenos máis vellos o que dirixe o xogo. Precísanse tantas cadeiras como participantes menos un. Colócanse as cadeiras facendo unha roda co respaldo cara ó interior do círculo e os nenos andan a bo paso ou correndo ó redor pola parte de fóra. A unha sinal convida, unha palmada, por exemplo, todos deben tratar de sentarse nunha cadeira, pero un sempre quedará sen sitio; este debe abandoar o xogo. Así ata que queda un só participante que será o gañador.
No hay comentarios:
Publicar un comentario