viernes, 20 de marzo de 2009

Xogos e xoguetes


As Buxainas
Trátase dun pequeno xoguete de madeira, preferiblemente de buxo, de aí o nome, en forma de corazón e rematado cunha punta de aceiro.
O obxectivo do xogo era facer baila-la buxaina coa axuda dun cordel que se lle enrolla coidadosamente, pero tamén tratar de fende-la buxaina doutro compañeiro lanzando con habilidade a propia sobre a del.
Era un xogo primordialmente dos rapaces, ainda que algunhas rapazas sabían tamén bailala.
Xogábase ó aire libre, sobre un terreo chan e apelmazado, no inverno, desde San Martiño (11 de novembro) ata San Amaro (15 de xaneiro) ou ata a Pascua, tal como reflexa o noso refraneiro:
  • Polo San Martiño, buxainas ó camiño;
  • Polo San Amaro, buxainas ó tellado;
  • Polo San Amaro bota os trompos ó tellado;
  • Pola Pascua, trompos á ascua;
A buxaina recibía tamén os nomes de:
  • trompo
  • peón
  • peona
  • peonza
  • bailarina
  • bailaroca
  • bailarete
  • sevillana
Unha variante da buxaina é a pirindola ou pirinola, que se baila directamente coa man, sen necesidade de cordel; esta era preferida polas nenas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario