miércoles, 18 de marzo de 2009

Xogos e xoguetes...


Tres en raia.
Tamén coñecido como "As leiriñas".
É un xogo de estratexia e axilidade mental que se xoga por parellas e que perdura ata os nosos días.
Desenvolvemento do xogo: sobre o chan ou, preferiblemente, sobre unha pedra, márcase con un pauciño ou con un anaco de tella, tiza ou carbón a figura da dereita.
Cada xogador dispón de tres pedriñas, botóns, carolos, etc. As pezas de cada un dos xogadores deben diferenciarse facilmente das do outro.
Alternativamente cada xogador vai colocando unha peza nos lugares marcados con un o. O obxectivo é colocar as tres pezas nunha liña horizontal, vertical ou diagonal.
Habitualmente xogábase na eira, á sombra cando facía calor ou os rapaces estaban cansos de xogar outros xogos. Pero tamén se podía xogar na casa, sobre todo cando participaba un adulto, pois o tres en raia atraía o interés de persoas de tódalas idades.
Actualmente hai no mercado trebellos para xogar ó catro en raia e tamén posibilidade de xogar on line.

No hay comentarios:

Publicar un comentario