jueves, 19 de marzo de 2009

Os Acertixos

Solución ó acertixo do home, o lobo, a cabra e a col:
O home deberá facer 7 viaxes
  1. Leva á cabra ó outro lado;
  2. Volve só;
  3. Leva o lobo;
  4. Volve coa cabra;
  5. Leva a col;
  6. Volve só;
  7. Leva a cabra;
Este tradicional acertixo é a base dun xogo hoxe bastante popular denominado "As torres de Hanoi", do que podemos atopar diversas versións facilmente na rede.

Como é un xogo de axilidade mental para tódalas idades que se pode facer na casa con tres caixiñas calisquera de diferente tamaño, con tacos de madeira ou con outros obxectos de uso cotiá que se poidan apilar, imolo propoñer:

Marcamos sobre unha folla de papel tres espazos e
colocamo-las tres caixas de maior a menor no espazo da esquerda; ¿cantos movementos son precisos para colocalas do mesmo xeito no espazo da dereita, se só se pode mover unha caixa de cada vez e unha caixa máis grande non pode estar nunca sobre unha caixa máis pequena?


No hay comentarios:

Publicar un comentario