viernes, 20 de marzo de 2009

As Sortes...

Detrás de una montaña
me encontré con don Pinocho
y me dijo que contara
hasta veintiocho;
yo no le hice caso
y conté hasta ocho,
uno, dos, tres, cuatro,
cinco, seis, siete, ocho.

Cando os rapaces tiñan presa por face-la sorte para escomezar o xogo, simplemente contaban do seguinte xeito:
Un calquera dicía un número, p.e. vintecinco; o que dirixía a sorte sacudía a man dereita se era diestro ou a esquerda se era manecho (zurdo), golpeando o dedo índice sobre o corazón e todos contaban ó mesmo tempo, unha, dúas, tres, catro..., cando alguén lle dicía "para", deixaba de sacudi-la man e seguía contando neno por neno a partires do que estaba situado á sús dereita ata chegar ó vintecinco, que se salvaba.
As sortes de contar sempre comezaban pola dereita do que as dirixía, é dicir, no sentido contrario ó xiro das agullas do reloxo, ainda que o rapaz ou a rapaza foran manechos. Outro tanto acontecía cos xogos da roda, da corda, de cartas, etc., de xeito que os zurdos sempre debían segui-la pauta marcada polos diestros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario