jueves, 19 de marzo de 2009

Os Acertixos

Eran xogos cos que se divertían tanto os maiores coma os nenos e case sempre se reservaban para a noitiña, cando estaba toda a familia xunta ó redor da lareira.
O seguinte é un dos acertixos máis populares e máis extendidos territorialmente que atopamos en culturas e países diferentes.

O home, o lobo, a cabra e a col
Un home atópase á beira dun río acompañado dun lobo, unha cabra (ou unha ovella) e unha col (ou leituga). O home debe trasladar ó outro lado do río ós seus acompañantes; para ilo dispón dunha pequena barca na que só hai cabida para o home e máis un deles.
Sabendo que, se quedan sós, o lobo come á cabra e a cabra come a col, ¿cantas viaxes terá que facer o home para conqueri-lo seu propósito?

No hay comentarios:

Publicar un comentario