jueves, 19 de marzo de 2009

Os xogos tradicionais

Nas sociedades tradicionais os xogos teñen, ademais da función de divertimento ou pasatempo, algunhas outras de desenvolvemento, tanto persoal coma grupal e de convivencia e socialización, tan recomendables para os nenos coma para os adultos, pois constitúen un complemento imprescindible da formación tanto escolar coma profesional.
Cada unha destas funcións adquire predominio sobre as outras segundo as idades e condicións dos participantes e as necesidades da comunidade na que se practican.
Na cultura galega atopamos xogos que teñen que ver
  • co desenvolmento físico: saltos, carreiras...
  • coa linguaxe: trabalinguas, sortes de contar...
  • co pensamento lóxico ou lateral: acertixos, adiviñas...
  • co sentido musical: arrolos, cantigas...
  • coa destreza e habilidade...
  • coa cooperación: xogos de equipo...
  • coa iniciación á vida adulta...
  • coas relacións entre as distintas xerazóns...
Moitos deles aglutinan varios destes valores no mesmo xogo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario