viernes, 13 de marzo de 2009

As Sortes

As sortes son pequenos xogos dos rapaces e rapazas previos ós xogos propiamente ditos, pois o seu obxectivo é distribuír os papeis que cada un desenvolverá no xogo ou conforma-los equipos que competirán entre si.
As sortes divídense en dous grandes grupos:
  • As sortes con material (pedriñas, carolos, botóns, moedas...);
  • As sortes sen material;
A elección dunhas ou doutras vai depender do xogo que se trate, do número de rapaces que van a xogar e do tempo que estes lle queiran adicar á sorte.
Entre as sortes sen material destacan as sortes de contar, tamén chamadas "xogo do botón-botón", pois a sorte máis popular era:
Botón, botón,
de la botera botera,
chirivitón, fuera.
As sortes de contar eran as preferidas polas nenas, mentres que os rapaces preferían as sortes con material ou outras coma a sorte dos pés.
En moitos xogos buscábase a competitividade, é dicir, os grupos ou equipos debían ser equiparables para que o xogo tivera interés, de xeito que os máis diestros ou os maís fortes encabezaban cada un dos equipos.
Taco, taco,
número catro,
un, dous, tres, catro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario