Era un xogo propio das nenas das vilas e cidades, que xogaban con elas ata que eran case mociñas.
Consistían nunha folla de papel na que aparecía unha bonenca recortable cos seus vestidiños e accesorios, que se recortaban tamén e se superpoñían á boneca por medio dunhas pestanas qu había que tratar de non estropear ó recorta-las pezas.
As nenas máis vellas facían elas memas vestidos para as mariquiñas con papeis e laois de cores.
En canto ós rapaces estaba mal visto que participaran neste xogo e eran obxecto de bulra se se interesaban por el.
Ás nenas tamén lles gostaba facer traxes para as bonecas con calquera anaquiño de tea que atoparan, ou memo con follas, pétalos de flores, crocha do millo, etc.
No hay comentarios:
Publicar un comentario