miércoles, 2 de septiembre de 2009

Xogos de mesa: o dominó

En Galicia practicábanse numerosos xogos de mesa segundo as zoas, as estacións do ano e o status familiar:


  • cartas
  • parchís
  • oca
  • damas
  • xadrez
  • dados
  • dominó
  • palé...

O dominó en Galicia era un xogo exclusivo dos homes, principalmente dos máis vellos, que se xogaba nas casas cos viciños ou nas tabernas.


O dominó consta de 28 fichas rectangulares divididas en dous cadrados numerados do 0 (brancas) ó 6 con tódalas combinacións posibles. Participan 4 xogadores por equipos; para gañar, un equipo debe acadar antes que o outro un certo número de puntos que irá sumando a partires das fichas que lle queden sen colocar ó equipo contrario cando se peche o xogo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario