martes, 29 de septiembre de 2009

A roupa dos nenos




Pelele, prenda que se empregaba como roupa interior ou para bañarse no río.





martes, 8 de septiembre de 2009

Xogos de cartas: o tute

O máis frecuente é que participen catro xogadores, por parellas. Xogaban principalmente os homes, tanto na casa coma na taberna.
Repártense 8 cartas a cada xogador.
Pódense cantar 20 tendo o cabalo e o rei do mesmo pau ou 40 se son do triunfo .
O que fai a última baza apúntase as dez de últimas.
Gaña o equipo que máis puntos consiga.

jueves, 3 de septiembre de 2009

Xogos e xoguetes: as mariquiñas



Era un xogo propio das nenas das vilas e cidades, que xogaban con elas ata que eran case mociñas.


Consistían nunha folla de papel na que aparecía unha bonenca recortable cos seus vestidiños e accesorios, que se recortaban tamén e se superpoñían á boneca por medio dunhas pestanas qu había que tratar de non estropear ó recorta-las pezas.


As nenas máis vellas facían elas memas vestidos para as mariquiñas con papeis e laois de cores.


En canto ós rapaces estaba mal visto que participaran neste xogo e eran obxecto de bulra se se interesaban por el.






Ás nenas tamén lles gostaba facer traxes para as bonecas con calquera anaquiño de tea que atoparan, ou memo con follas, pétalos de flores, crocha do millo, etc.

miércoles, 2 de septiembre de 2009

Os peiteados das nenas






Retahílas: Un elefante se balanceaba...

O seu recordo vai inevitablemente unido ós interminables desplazamentos no 600 camiño das praias que marcaron a infancia de moitos nenos e nenas nos anos 60.

Un elefante se balanceaba
sobre la tela de una araña
y como veía que no se caía
mandó llamar a otro elefante.

Dos elefantes se balanceaban
sobre la tela de una araña
y como veían que no se caían
mandaron llamar a otro elefante.

Tres elefantes...

Cuatro elefantes...

E así ata que se cansaban.

Remedando ós maiores: As tendas



Era un xogo preferentemente das nenas ó que incorporaban ós nenos máis pequenos. Xogaban tanto ó aire libre coma no interior imitando os comportamentos que observaban nos maiores. No xogo introducían os xoguetes que tiveran e moitos materiais de desfeita: frascos vacíos e caixas, froitos silvestres, principalmente moras, piñóns. carolos...
Os cartos eran fabas, graos de millo ou carolos dos carballos; facían cartuchos con follas do diario se as tiñan e senón con follas das árbores...

Xogos de mesa: o dominó

En Galicia practicábanse numerosos xogos de mesa segundo as zoas, as estacións do ano e o status familiar:


  • cartas
  • parchís
  • oca
  • damas
  • xadrez
  • dados
  • dominó
  • palé...

O dominó en Galicia era un xogo exclusivo dos homes, principalmente dos máis vellos, que se xogaba nas casas cos viciños ou nas tabernas.


O dominó consta de 28 fichas rectangulares divididas en dous cadrados numerados do 0 (brancas) ó 6 con tódalas combinacións posibles. Participan 4 xogadores por equipos; para gañar, un equipo debe acadar antes que o outro un certo número de puntos que irá sumando a partires das fichas que lle queden sen colocar ó equipo contrario cando se peche o xogo.