domingo, 6 de diciembre de 2009

Xogos con pelota: o brilé

Xógase ó aire libre, nun terreo chan, só nenas ou nenos e nenas misturados, pois estando sós, os rapaces preferen o fútbol. xogan con calquera pelota que teñan, aínda que é preferible unha pelota cun pouco de peso.
Trátase dun xogo, case un deporte, que combina a forza física e a resistencia, pois se os equipos están ben equilibrados o partido pode durar bastante tempo, coa estratexia.
O espazo de xogo (campo) establécese en función de distintas variables:
  • as propias condicións do terreo;
  • as características da pelota;
  • o número de xogadores;
  • a idade e/ou a destreza dos mesmos;

As dimensións podían oscilar entre un mínimo de 15 metros de largo por 4 de ancho, e 25 metros de largo por 12 de ancho.

O campo divídese transversalmente en dúas partes cunha liña trazada cun pao ou cunha tiza. Ningún dos equipos pode pisa-la liña que o separa do outro. Os brilados dun equipo pasan a situarse detrás dos xogadores do equipo contrario e tampouco poderán invadir o seu espazo.

Brilar quere dicir tocar coa pelota a un xogador do equipo contrario antes de que bote no chan.

O número de xogadores por equipo é de dous ou máis, sen limitación; pode xogar un número par de xogadores contra un número impa (oito contra nove, por exemplo), porque os equipos fórmanse practicando unha sorte, case sempre a sorte dos pés, e o último en ser escollido é sempre o máis pequeno ou o áis torpe, de xeito que a súa presenza non desequilibra as posibilidades dos equipos.

Os brilados son fundamentais para a estratexia do xogo, pois unha boa combinación entre eles e o resto dos xogadores do seu equipo pode conseguir acorralar ó equipo contrario, desgastándoo físicamente para despois brilarlle un xogador por sorpresa.

O xogador brilado leva consigo a pelota, de forma que, se un equipo leva moito tempo sen poder collela, pode deixar que lle brilen a un xogador para recuperala.

6 comentarios:

  1. Nas miñas clases uso diversas variantes: podese brilar en calquer parte do corpo agás a cabeza, tamén se pode brilar con bote, pode xogar un membro de cada equipo infiltrado no campo do rival (e dende ahí pode brilar pero non ser brilado e sempre ten que tentar brilar dende onde colle a pelota), xogar salvando e sin salvar (os que están brilados non poden salvar, só os que están sen brilar), podendo brilar tamén dende oa laterais do campo, que dun tiro podas brilar só a un ou a varios, etc Xosé Luis Manteiga

    ResponderEliminar
  2. Unha variante para inicialos, para os pequenos, é dividido o campo en tres zonas, a do medio máis grande e na do medio colocanse todos os xogadores agás dous, que se colocarán un cada unha das zonas dos lados, estos lanzan tentando brilar aos do medio, qye so poden esquivar a pelota, nunca collela. Cada vez que un é brilado convirtese tamén en lanzador dende o lado do que o brilou. Así ata que so quede un no medio,

    ResponderEliminar
  3. Tamé xogamos formando un círculo, pode trazarse cunha tiza, e dentro do círculo colocase un xogador ao que tentan brilar os nenos que forman o círculo, sempre lanzando dende fora del, con varias pelotas á vez, catro ou cinco por exemplo. O que logra brilar ao do medio rapidamente ocupa o seu posto e este sae del e incorporase ao círculo. O do medio so pode esquivar, nunca coller a pelota. É moi bo para traballar a axilidade e a velocidade de reacción.

    ResponderEliminar
  4. Eu chamome Paco Paquiño Paco Paquiño Paco Paquiño Paco Paquiño Paco Paquiño Paco Paquiño Paco Paquiño Paco Paquiño Paco Paquiño Paco Paquiño Paco Paquiño Paco Paquiño Paco Paquiño Paco Paquiño Paco Paquiño Paco Paquiño Paco Paquiño Paco Paquiño Paco Paquiño Paco Paquiño Paco Paquiño PacoPaco Paquiño Paco Paquiño Paco Paquiño Paco Paquiño

    ResponderEliminar