Mostrando entradas con la etiqueta Os xogos da corda. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Os xogos da corda. Mostrar todas las entradas

jueves, 16 de julio de 2009

"El cocherito leré"

Era un xogo que se practicaba cando había poucas nenas, porque unha con habilidade podía saltar moito tempo sen perder.
Dan á corda e cantan:
El cocherito leré
me dijo anoche leré...
e cando din "leré" levantan as mans e fan xirar a corda por riba da cabeza da nena que salta que, pola súa banda, acunícase un pouco para que a corda non lle roce.
si yo quería leré
montar en coche leré
y yo le dije leré
con gran salero leré
yo no quiero coche leré
que me mareo leré.
E se a nena non perde seguen cambiando de ritmo:
El nombre de María
que cinco letras tiene
la eme, la a, la erre, la i, la a, Ma-rí-a.
E volven a mudar:
Yo no voy a la Marina
porque me quieren pegar,
los chiquillos caprihosos
que me quieren sentenciar.
Bartolo que te pilla el toro,
Bartolo que teva a pillar,
Bartolo se metió en un globo
y se echó a volar.

viernes, 19 de junio de 2009

Xogos da corda: ó montón

Dúas nenas dan á corda e as demais saltan por grupos; entra unha, logo outra e outra, mentres cantan repetitivamente:
"Ó montón, que poucos son,´
ó montón, que poucos son..."
Poden entrar e saír libremente con tal de non perder, é dicir, que acorda non lle toque na roupa nen a pisen cos pés, senón terán que pasar a dar.

viernes, 12 de junio de 2009

Xogos da corda: os fortes

Dúas nenas dan á corda ó compás dunha cantiga aumentando a velocidade nalgunhas partes da melodía, case sempre coincidindo coas notas máis agudas.
Algunhas cas cantigas empregadas neste xogo praticado exclusivamente polas nenas de máis idade, case mociñas, eran romances. Este feito propiciou a conservación e trasmisión do romanceiro tradicional español, ó mesmo tempo que pon en evidencia a gran memoria auditiva dos nosos devanceiros nun mundo no que a escritura non acadara a relevancia da que goza actualmente.
Temos dous exemplos de romances empregados con moita frecuancia neste xogo:

Un capitán sevillano, tamén coñecido como A doncela guerreira:
A un capitán sevillano
siete hijas le dio Dios
y tuvo la mala suerte
que ninguna fue varón.
A la más chiquita de ellas
le llegó la inclinación
de querer ir a la guerra
vestidita de varón.
- No vayas, hija, no vayas,
que te van a conocer,
llevas el pelo muy largo
y dirán que eres mujer.
- Padre, si lo llevo largo,
padre, córtemelo usted
que con el pelo cortado
un varón pareceré.
Siete años en la guerra
y nadie la conoció.
Un día al subir al caballo
la espada se le cayó
y en vez de decir maldito,
dijo ¡maldita sea yo!
El rey que la estaba oyendo
a palacio la llevó;
arreglaron los papeles
y con ella se casó.
(En negrita as palabras que corresponcden ós fortes)

E tamén o Romance da Raíña Mercedes (¿Dónde vas, Alfonso XII?), do que existen varias versións:

-¿Dónde vas, Alfonso XII,
dónde vas triste de ti?
-Voy en busca de mi amada
que ayer tarde no la vi.
Al subir una escalera,
una sombra vi venir.
-No te asustes, dueño mío,
no te asustes tú de mí,
que soy tu amiga querida
que he venido a verte aquí.
-Si eres mi amiga querida
echa un beso para mí.
-Los labios que te besaban
a la tierra se los dí.
-Si eres mi amiga querida,
abrázame tú a mí.
-Los brazos que te abrazaban
los gusanos dieron fin...

E tamén este outro:
-¿Dónde vas, Algonso XII,
dónde vas, triste de ti?
-Voy en busca de Mecedes,
que ayer tarde no la vi. (bis)
- Merceditas ya se ha muerto,
muerta está que yo la vi;
cuatro duques la llevaban
por las calles de Madrid (bis)...

Os fortes con tirón:
Ademais de incrementa-la velocidade, as nenas que dan tiran un pouco da corda, de xeito que esta non bata no chan e a nena que salta, non só ten que facelo máis rapidamente, senón con máis pulo.

martes, 2 de junio de 2009

Os xogos da corda


A culebra
Xogábase ó aire libre, tanto nenos coma nenas misturados. Dous rapaces dan á corda de xeito que esta se mova imitando os movementos serpenteantes da culebra. Os outros entran e saen saltando por enriba percurando que a corda non lle toque nas pernas. Se isto acontecera, perdían e tiñan que pasar a dar.

martes, 28 de abril de 2009

Os xogos da corda


Quisiera saber mi vocación...
Nos xogos da corda as distintas modalidades practicábanse en función do número de participantes; se eran moitos, o xogo tiña que ser áxil; se eran poucos, máis posado. Pasábase dunha modalidade a outra segundo fora variando o número de xogadores.
Esta variante practicábase cando había poucas nenas, abondaba con tres.
Dúas daban á corda e a outra saltaba, mentres cantaban:
Quiera saber mi vocación:
soltera, casada, viuda o monja.
E agora máis rápido:
soltera, casada, viuda o monja.
Máis rápido aínda:
soltera, casada, viuda o monja.
E logo máis lento:
soltera casada, viuda o monja...
Así ata que perdía e pasaba a saltar outra. As que daban podían variar a velocidade da corda segundo a súa vontade, tratando sempre de sorprender á que saltaba para que perdera.

A este xogo tamén podía xogar unha nena soia.
Similar é este outro:
Cuco rei, cuco rei,
¿cantos anos vivirei?
Vintecinco, non o sei.
Un, dous, tres, catro...
ata que perdía ou se cansaba.