
Pelele, prenda que se empregaba como roupa interior ou para bañarse no río.
O dominó en Galicia era un xogo exclusivo dos homes, principalmente dos máis vellos, que se xogaba nas casas cos viciños ou nas tabernas.
O dominó consta de 28 fichas rectangulares divididas en dous cadrados numerados do 0 (brancas) ó 6 con tódalas combinacións posibles. Participan 4 xogadores por equipos; para gañar, un equipo debe acadar antes que o outro un certo número de puntos que irá sumando a partires das fichas que lle queden sen colocar ó equipo contrario cando se peche o xogo.