- ¿Cales son os primeiros xoguetes que lembran? Describir.
- ¿Eran mercados ou feitos na casa? ¿Quen os facía?
- ¿Cal era o seu xoguete preferido?
- Xoguetes individuais e xoguetes compartidos.
- Xoguetes para nenos e xoguetes para nenas.
- ¿Que materiais predominaban: madeira, teas, fíos, barro, cartón, papel...?
- ¿Xogaban con obxectos que en realidade non eran xoguetes: botóns, carretes de fío...?
sábado, 9 de julio de 2011
Ficha de traballo (2)
martes, 12 de octubre de 2010
Os Diarios de Mariana Canabal
domingo, 10 de octubre de 2010
Ficha de traballo (1)
- Pintan bastos;
- Ir a Noia; ir ó Ceboleiro;
- A primeira é dos rapaces;
- A sorte do principiante;
- Marcarse un farol;
- Estar a cegas;
- Ser unha sota;
- Cantarlle as corenta a alguén;
- Cantar;
- Carta na mesa, presa;
- Carta na mesa, pesa;
miércoles, 8 de septiembre de 2010
domingo, 5 de septiembre de 2010
viernes, 3 de septiembre de 2010
domingo, 6 de diciembre de 2009
Xogos con pelota: o brilé
Trátase dun xogo, case un deporte, que combina a forza física e a resistencia, pois se os equipos están ben equilibrados o partido pode durar bastante tempo, coa estratexia.
O espazo de xogo (campo) establécese en función de distintas variables:
- as propias condicións do terreo;
- as características da pelota;
- o número de xogadores;
- a idade e/ou a destreza dos mesmos;
As dimensións podían oscilar entre un mínimo de 15 metros de largo por 4 de ancho, e 25 metros de largo por 12 de ancho.
O campo divídese transversalmente en dúas partes cunha liña trazada cun pao ou cunha tiza. Ningún dos equipos pode pisa-la liña que o separa do outro. Os brilados dun equipo pasan a situarse detrás dos xogadores do equipo contrario e tampouco poderán invadir o seu espazo.
Brilar quere dicir tocar coa pelota a un xogador do equipo contrario antes de que bote no chan.
O número de xogadores por equipo é de dous ou máis, sen limitación; pode xogar un número par de xogadores contra un número impa (oito contra nove, por exemplo), porque os equipos fórmanse practicando unha sorte, case sempre a sorte dos pés, e o último en ser escollido é sempre o máis pequeno ou o áis torpe, de xeito que a súa presenza non desequilibra as posibilidades dos equipos.
Os brilados son fundamentais para a estratexia do xogo, pois unha boa combinación entre eles e o resto dos xogadores do seu equipo pode conseguir acorralar ó equipo contrario, desgastándoo físicamente para despois brilarlle un xogador por sorpresa.
O xogador brilado leva consigo a pelota, de forma que, se un equipo leva moito tempo sen poder collela, pode deixar que lle brilen a un xogador para recuperala.




